A Xunta condena o posible caso de violencia de xénero ocorrido este mediodía en Lugo

Reitera o seu apoio ás vítimas e fai un chamamento á sociedade e ás mulleres que sofren malos tratos a que presenten denuncia contra os seus agresores

Santiago, 29 de marzo de 2013.- A Xunta de Galicia expresa a súa máis firme condena e repulsa polo posible caso de violencia de xénero ocorrido este mediodía en Lugo que lle custou a vida a unha muller.

O Goberno galego manifesta a súa consternación por este suceso e rexeita todo acto de violencia doméstica.

O Executivo autonómico reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e fai un chamamento á sociedade e ás mulleres que sofren malos tratos a que presenten denuncia contra os seus agresores para que, deste xeito, se poidan poñer en marcha os mecanismos de protección e se poida rematar con esta lacra.