A Xunta colaborará cun concurso da Universidade de Santiago que premiará a mozas e mozos emprendedores

O concurso conta con tres categorías: “Premio de Base Tecnolóxica”, “Empresa Xove” e “Muller Emprendedora”, cada unha cun premio de 2.000 euros

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza cos responsables do ‘Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores’ da USC, en cuxo xurado participará en nome da Xunta de Galicia
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza cos responsables do ‘Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores’ da USC, en cuxo xurado participará en nome da Xunta de Galicia
  • Empresariais Innovadores’ da USC, en cuxo xurado participará en nome da Xunta de Galicia

Santiago, 6 de maio de 2013. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza cos responsables do ‘Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores’ da USC, en cuxo xurado participará en nome da Xunta de Galicia.

López Abella reuniuse co director do Programa Uniemprende da USC, Carlos Hernández, e a directora do Programa Woman Emprende, Eva López Barrio, que lle explicaron que o obxectivo deste concurso é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

O director de Uniemprende destacou durante o encontro que o prazo de remate para a entrega dos plans de empresa tivo que ser ampliado do 30 de abril ao 15 de maio, debido á alta acollida por parte da comunidade universitaria e tamén pola solicitude de moitos deles para axudar a elaborar os plans de empresa.

Os premios concederanse por proxecto, independentemente do número de participantes no mesmo, e haberá tres categorías: “Premio de Base Tecnolóxica”, “Empresa Xove” e “Muller Emprendedora”. Cada unha das categorías contará cun premio de 2.000 euros, que no caso do de base tecnolóxica complementarase con ata 24.000 euros máis de financiamento mediante préstamo participativo.

Ademais, os proxectos gañadores terán acceso gratuíto a tres accións formativas -3 prazas por cada proxecto gañador- organizadas polo Programa Uniemprende no prazo dun ano, unha vez que teñan constituída a súa empresa.