A Xunta colaborará coa Asociación Mulleres do Mar de Arousa na organización dun curso de habilidades sociais para a igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo con representantes desta entidade

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, reuníronse esta mañá con representantes da asociación Mulleres do Mar de Arousa
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, reuníronse esta mañá con representantes da asociación Mulleres do Mar de Arousa

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, reuníronse esta mañá con representantes da asociación Mulleres do Mar de Arousa.

No encontro, comprometeron a colaboración da Xunta para a organización dun curso de habilidades sociais e coaching para a igualdade destinado a mulleres do mar. Nos contidos, inclúese, entre outros aspectos, formación sobre comunicación, autoliderado ou empoderamento.

A Xunta puxo en valor o papel que xogan asociacións como esta, que coas súas actuacións dan resposta ás demandas de moitas mulleres e traballan a prol da igualdade. Neste sentido, lembraron tamén que o VII Plan Estratéxico de Galicia para Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 ten entre os seus obxectivos apoiar ás mulleres na incorporación ás estruturas de decisión do sector económico pesqueiro, e impulsar a empregabilidade e o desenvolvemento profesional das mulleres do mar como motor de dinamización e crecemento económico dos seus concellos.

A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa nace dun proxecto do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa (GALP 5). Este proxecto de creación da asociación iniciouse no mes de xullo de 2016 e o seu obxectivo é promover a igualdade de oportunidades e reforzar o empoderamento de mulleres no mar, destacando o seu importante peso na economía pesqueira e na contorna social.

Tema: