A Xunta colabora na posta en marcha dun programa de conciliación nos concellos de Melón e Avión

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, achegouse hoxe ata o concello de Melón para coñecer de primeira man esta iniciativa

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe mesmo unha segunda ampliación de crédito da orde que financia estas iniciativas

  • A Xunta colabora na posta en marcha dun programa de conciliación nos concellos de Melón e Avión
  • A Xunta colabora na posta en marcha dun programa de conciliación nos concellos de Melón e Avión
  • A Xunta colabora na posta en marcha dun programa de conciliación nos concellos de Melón e Avión
Melón (Ourense), 8 de agosto de 2018.-  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, achegouse hoxe ata o concello de Melón para coñecer de primeira man o campamento de conciliación impulsado por este concello e Avión para atender ás familias e aos nenos e nenas do contorno. En total, están participando 140 menores: 95 en Avión e 45 en Melón.
 
A Administración autonómica destina un total de 12.000 euros a esta iniciativa, que ten como obxectivos principais fomentar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, ao tempo que oferta aos máis pequenos unha variedade de recursos educativos, artellados ao redor dun programa fundamentalmente lúdico.
 
Esta subvención outorgouse ao abeiro da orde de axudas da Xunta para promover a igualdade real entre mulleres e homes nos concellos galegos e que inclúe tres programas: apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); fomento da conciliación; e prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
 
De feito, hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publica unha segunda ampliación do crédito desta orde no referido ao programa de conciliación. O orzamento inicial da orde era 3,7 millóns de euros, que se ampliaron en xullo con algo máis de 136.000 euros e agora en agosto con outros 137.000 euros.