A Xunta colabora coa ONG Plan Internacional na campaña “Camiño de Santiago pola igualdade das nenas”

Con motivo da celebración o próximo 11 de Outubro do Día Internacional da Nena, 40 nenos e nenas galegos percorrerán a pé o último tramo do camiño desde o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro

A ONG Plan Internacional basea o seu traballo na defensa e promoción dos dereitos da infancia e en acabar coa dobre discriminación- por xénero e idade- que sofren milleiros de nenas en todo o mundo

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Plan Internacional, Concha López, recibiron esta mañá aos 40 nenos e nenas que participarán nun acto simbólico dentro da campaña ‘Camiño de Santiago pola igualdade das nenas’
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Plan Internacional, Concha López, recibiron esta mañá aos 40 nenos e nenas que participarán nun acto simbólico dentro da campaña ‘Camiño de Santiago pola igualdade das nenas’
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Plan Internacional, Concha López, recibiron esta mañá aos 40 nenos e nenas que participarán nun acto simbólico dentro da campaña ‘Camiño de Santiago pola igualdade das nenas’.

Con motivo da celebración o próximo 11 de Outubro do Día Internacional da Nena, 40 nenos e nenas galegos percorrerán a pé o último tramo do camiño desde o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro nun acto simbólico polos dereitos das nenas, no cal o Camiño de Santiago únese ao movemento global Por Ser Niña de Plan Internacional, organización que loita polos dereitos da infancia e da igualdade das nenas.

Baixo o lema “Un paso máis pola igualdade das nenas”, o Camiño de Santiago únese ao movemento global Por Ser Niña e grazas ao acordo, 70 albergues da rede da Xunta de Galicia convértense en puntos de información e sensibilización sobre a situación das nenas. Ademais, ofrecerase aos peregrinos a posibilidade de contar cun Pasaporte polos dereitos das nenas que poder ir selando en cada albergue e así mostrar o seu apoio á campaña.

O Día Internacional de la Niña conmemorase cada 11 de outubro e foi aprobado pola ONU no ano 2011 a instancias de Plan Internacional e está centrado en recordar a especial vulnerabilidade que sofren moitas nenas en todo o mundo, co principal obxectivo de acabar ca discriminación de xénero a través da ecuación coma base fundamental, e derrotar a desigualdade entre nenos e nenas dando acceso e coñecemento ás nenas sobre os seus dereitos en educación, saúde e participación. Por Ser Niña é un movemento global impulsado por Plan Internacional, organización que traballa por un mundo xusto que promova os dereitos da infancia e a igualdade das nenas.

Tema: