A Xunta colabora coa Fundación Ronsel para o desenvolvemento do Programa Xerentas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá na Coruña a sede da fundación

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá na Coruña a sede da fundación
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá na Coruña a sede da fundación
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá na Coruña a sede da fundación

A Coruña, 14 de xullo de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella visitou esta mañá a sede da Fundación Ronsel, coa que a Xunta colabora para o desenvolvemento do Programa Xerentas.

A Secretaría Xeral da Igualdade a través da convocatoria de axudas e subvencións para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade concedeu á Fundación Ronsel unha subvención de 7.785 euros para levar a cabo o Programa Xerentas: Empoderamento da Muller a través da promoción do autoemprego. 
O obxectivo do Programa Xerentas é facilitar o empoderamento da muller a través da promoción do autoemprego e a economía social, e indican que a incorporación da muller ao mercado de traballo ten que acadar un novo espazo de valor engadido a través de ferramentas de axuda a mulleres que queren iniciar unha actividade empresarial. 
A Fundación Ronsel é un centro de formación homologado pola Xunta de Galicia e forma parte da rede de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia. Traballa desde o ano 2000 na implementación das denominadas políticas activas de emprego facilitando os servizos de información, orientación, formación e asesoramento para a creación de empresas.
De forma activa, Ronsel desenvolve unha intensa actividade no eido do emprendemento, difundindo a cultura emprendedora e promovendo o autoemprego e a economía social en diferentes espazos. Ronsel facilita servizos de asesoramento, planificación empresarial, consultoría e soporte na tramitación de axudas e subvencións.

Tema: