A Xunta colabora coa asociación ACADAR para fomentar a igualdade das mulleres con discapacidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia-ACADAR, Mónica Álvarez, e coa súa coordinadora técnica, María Luz Vázquez.

  •  A Xunta colabora coa asociación ACADAR para fomentar a igualdade das mulleres con discapacidade
  •  A Xunta colabora coa asociación ACADAR para fomentar a igualdade das mulleres con discapacidade

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia-ACADAR, Mónica Álvarez, e coa súa coordinadora técnica, María Luz Vázquez.

A Secretaría Xeral da Igualdade vén colaborando nos últimos anos con esta entidade co obxectivo de fomentar a igualdade das mulleres con discapacidade, que moitas veces teñen que facer fronte a unha dobre discriminación. Desde 2009, a Xunta ten aportado a ACADAR preto de 220.000 euros para financiar programas con este obxectivo. Ademais, durante o ano pasado tamén se colaborou con esta asociación para a elaboración da Guía Violencia contra as mulleres con discapacidade: física, sexual, psicolóxica, obstétrica, cultural.

Tema: