A Xunta avoga por seguir impulsando actuacións específicas dirixidas ás mulleres con discapacidade que son vítimas de violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na presentación dun programa de atención e promoción da autonomía afectivo sexual para persoas con discapacidade

Susana López Abella destacou a importancia de seguir apoiando e traballando conxuntamente con todas aquelas entidades que loitan activamente contra la violencia de xénero contra las mulleres

Multimedia

Susana López Abella participou na presentación dun programa de atención e promoción da autonomía afectivo sexual para persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reiterou hoxe a importancia de levar a cabo e seguir impulsando actuacións específicas dirixidas ás mulleres con discapacidade que son vítimas de violencia de xénero.

Susana López Abella participou na presentación dun programa de atención e promoción da autonomía afectivo sexual para persoas con discapacidade, xunto á presidenta de Acadar, Mónica Álvarez, e o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, onde destacou a importancia do programa destinado ás persoas con discapacidade e á súa contorna afectiva, como parellas, familiares e as persoas da súa contorna social ou institucional que inclúe asesoramento individualizado, accións de formación grupal, o acompañamento e a atención a persoas que viviron situacións contra a liberdade e indemnidade sexual.

A secretaria xeral de Igualdade lembrou a necesidade tamén de visibilizar as capacidades e necesidades das mulleres con discapacidade e sensibilizar á sociedade no seu conxunto, así como fomentar a empatía e coñecemento da realidade destas mulleres e facilitar aos profesionais información e formación sobre a realidade e necesidades específicas das mulleres con discapacidade vítimas da violencia de xénero.

A violencia que nas súas distintas formas se exerce contra as mulleres supón un serio atentado contra a dignidade e a integridade física, psíquica e moral destas e, en consecuencia, unha grave e intolerable violación dos dereitos humanos, ademais no caso das mulleres con discapacidade sofren ademais un maior risco de sufrir violencia por ser muller e por ter unha capacidade atopándose cunha maior dificultade para identificar estas situacións e denuncialas, rematou López Abella.

Tema: