A Xunta asinou esta mañá os convenios de colaboración coa Rede Galega contra a Trata

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que as axudas tentan contribuír ao desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención para a ruptura de estereotipos de xénero, fundamentalmente entre as mulleres inmigrantes

O orzamento para cada unha das entidades é de 3.000 euros polo que o importe total ascende a 30.000 euros para todas as entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que as axudas tentan contribuír ao desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención para a ruptura de estereotipos de xénero

Santiago de Compostela, 4 de decembro 2018.-A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asinou esta mañá os convenios de colaboración coas entidades da Rede Galega contra a Trata para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia de xénero entre mulleres inmigrantes.

Concretamente, á Rede Galega contra a Trata están adheridas, Accem A Coruña, Fundación Amaranta Ourense, Aliad-Ultreia Lugo, Asociación Faraxa Vigo, Cáritas Lugo, Cáritas Ourense, Ecos do Sur A Coruña, Médicos do Mundo Galicia, Oblatas Ferrol, Oblatas Santiago e a socióloga Silvia Pérez Freire. O orzamento para cada unha das entidades é de 3.000 euros polo que o importe total é de 30.000 euros para todas as entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata.

Susana López Abella indicou que o obxecto destes convenios é o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención que contribúan á transmisión de valores igualitarios e á ruptura de estereotipos de xénero, fundamentalmente entre as mulleres inmigrantes, así como accións de información, a través de todas as vías que favorezan o coñecemento dos recursos e servizos existentes para a atención ás vítimas da violencia e xénero, realizando a máxima difusión dos mesmos entre a poboación inmigrante.

Tema: