A Xunta aprobará este mes o VI Plan de igualdade coa loita contra a violencia de xénero como un dos seus eixos principais

Alfonso Rueda e Susana López Abella presentaron hoxe os resultados da "Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia do ano 2012”

  • O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron en rolda de prensa os resultados da Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Santiago, 6 de febreiro de 2013. A Xunta aprobará este mes de febreiro o VI Plan de Igualdade, que terá entre os seus eixos fundamentais a loita contra a violencia de xénero. O Plan contén medidas especialmente dirixidas ao ámbito educativo, mobilizando a conciencia social sobre esta problemática e buscando a implicación de toda a sociedade para a súa erradicación.

Segundo resaltou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na loita contra a violencia de xénero deben estar implicadas todas as Administracións e toda a sociedade, reforzando a loita con accións encamiñadas a promover a igualdade entre mulleres e homes, e implantando unha educación en igualdade que xere unha sociedade sen desigualdades.

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron precisamente hoxe en rolda de prensa os resultados da "Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia. Ano 2012”.

Segundo explicou a titular de Igualdade, coma resultado da enquisa pódese destacar que o nivel de sensibilización contra a violencia de xénero da sociedade galega é moi elevado, xa que preto do 85 por cento da poboación considera que é algo totalmente inaceptable; ase mesmo para a cidadanía un dos factores desencadeantes da violencia é a sociedade machista e sexista”

Susana López Abella sinalou que a prevención é fundamental no tratamento desta grave problemática, así coma a educación en igualdade dende a escola e a implicación das familias nas denuncias. A familia e a escola constitúen dous dos principais axentes de socialización, polo que o seu papel resulta primordial, ademais de dar información e facer visible o problema, coa finalidade de sensibilizar á poboación.

Finalmente, López Abella resaltou que a violencia de xénero é un problema tan importante na nosa sociedade que o seu tratamento e erradicación require da implicación, concienciación e información de todos os sectores e axentes sociais.