A Xunta aposta por seguir impulsando políticas de igualdade entre o persoal da Administración autonómica

O vicepresidente, Alfonso Rueda, explicou hoxe que este mesmo ano se presentará o I Plan de Igualdade na Xunta

Santiago de Compostela, 12 de marzo.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe a necesidade de seguir impulsando políticas de igualdade en todos os sectores, tamén na Administración autonómica, que contará este mesmo ano co seu I Plan de Igualdade.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, explicou que xa se realizou unha diagnose para analizar a situación real na que se atopa o principio de igualdade entre o persoal ao servizo da Xunta.

Esta diagnose sirve como punto de partida e será remitida aos sindicatos este mesmo mes, para que poidan presentar alegacións e facer propostas de cara á elaboración do Plan, que estará listo este ano.

Tema: