A Xunta aposta por seguir impulsando a incorporación das mulleres aos ámbitos de decisión do medio rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá en Arbo a xornada “Atrévete contigo mesma”, organizada por AGACA

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá en Arbo a xornada “Atrévete contigo mesma”, organizada por AGACA
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá en Arbo a xornada “Atrévete contigo mesma”, organizada por AGACA

Arbo (Pontevedra), 23 de marzo de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a necesidade de seguir impulsando a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario e do desenvolvemento rural, para que a súa presenza nestes ámbitos de decisión sexa proporcional á súa importancia dentro do sector.

Así o destacou hoxe durante a inauguración da xornada “Atrévete contigo mesma”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), en colaboración coa Obra Social La Caixa.

Neste sentido, apelou á importancia de promover a incorporación de plans ou medidas de igualdade nas institucións, organismos, empresas, cooperativas, organizacións profesionais e grupos de acción local.

Na súa intervención, López Abella eloxiou o papel que desenvolven as emprendedoras rurais, en tanto constitúen un motor da economía e sinalou varios ámbitos de actuación prioritarios para avanzar cara a igualdade neste sector, como pode ser o fomento da visibilización das mulleres, o impulso do emprendemento e a promoción da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Tema: