A Xunta aposta por fortalecer o movemento asociativo de mulleres como canle de promoción da igualdade de oportunidades

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Piñor na inauguración do novo local social da asociación “A Rubideira”

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Piñor na inauguración do novo local social da asociación “A Rubideira”
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Piñor na inauguración do novo local social da asociación “A Rubideira”

Piñor (Ourense), 15 de xullo de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración do novo local social da asociación de mulleres rurais “A Rubideira”.

Durante a súa intervención, López Abella subliñou a aposta da Xunta por colaborar no fortalecemento e consolidación do movemento asociativo de mulleres, en tanto constitúe unha importante canle de promoción da igualdade de oportunidades.

Precisamente para apoiar a estas asociacións, a Xunta convoca anualmente unha orde de axudas económicas que teñen como obxectivo promover e dinamizar o movemento asociativo feminino como elemento clave do cambio de valores.

Xa para rematar, sinalou tamén que é prioritario para o Goberno autonómico incrementar o recoñecemento social, económico e institucional das mulleres do rural e do papel que xogan no desenvolvemento sustentable do medio e na súa posta en valor.

Tema: