A Xunta aposta por fomentar o liderado feminino e pola participación das mulleres nos ámbitos de decisión

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por fomentar a participación das mulleres en condicións de igualdade en todas as esferas da sociedade e por incrementar a súa presenza nos ámbitos de decisión e influencia

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por fomentar a participación das mulleres en condicións de igualdade en todas as esferas da sociedade e por incrementar a súa presenza nos ámbitos de decisión e influencia. Neste sentido, recordou que este é precisamente un dos obxectivos fixados no VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020.

Así o explicou hoxe durante a súa participación na inauguración da xornada “Muller é empresa. Somos e estamos”, organizada pola Asociación de Empresarias de Galicia. Insistiu en que o progreso das mulleres é o progreso da sociedade no seu conxunto e apelou a que o fomento do liderado feminino pasa, primeiro, por fomentar o empoderamento individual das mulleres, tendo en conta a diversidade.

Tema: