A Xunta aposta por fomentar e visibilizar o papel da muller nos ámbitos de decisión e influencia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do III Congreso Empresarias de Galicia, no que colabora a Xunta

O evento, impulsado pola asociación Empresarias Galicia, terá lugar o próximo 23 de outubro en Vigo

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do III Congreso Empresarias de Galicia, no que colabora a Xunta
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do III Congreso Empresarias de Galicia, no que colabora a Xunta
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do III Congreso Empresarias de Galicia, no que colabora a Xunta
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018.-  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a necesidade de seguir fomentando a participación das mulleres e visibilizando as súas achegas en todas as esferas da sociedade e, moi especialmente, nos ámbitos de decisión e influencia.
 
Así o sinalou hoxe durante a presentación do III Congreso Empresarias de Galicia, que terá lugar o próximo 23 de outubro na cidade de Vigo. A iniciativa está impulsada pola asociación Empresarias Galicia, e conta coa colaboración da Administración autonómica por terceiro ano consecutivo.
 
A finalidade do evento, visibilizar e promover a muller no ámbito profesional e social, coincide cun dos obxectivos estratéxicos que se marca o Goberno galego para potenciar o liderado feminino. Cómpre lembrar que non se trata tan só de aumentar a presenza das mulleres en todos os eidos, senón tamén de poñer en valor a súa imaxe, como un merecido recoñecemento e como exemplo para as xeracións máis novas, que reciben así imaxes e mensaxes non estereotipadas para poder decidir con máis referentes o seu camiño de futuro.
 
Durante o III Congreso, a Secretaría Xeral da Igualdade disporá dun espazo propio no que se informará dos proxectos, plans, accións e actuación de fomento do emprendemento feminino, aposta pola conciliación e corresponsabilidade, contra a o acoso sexual no ámbito laboral e loita contra a violencia de xénero.
Tema: