A Xunta aposta polo fomento do emprego feminino e apoia as mulleres emprendedoras no ámbito rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nunha xornada dedicada ó emprendemento feminino no concello coruñés de Cambre

López Abella anunciou que o Programa Emega deste ano publicarase nos próximos días no DOG, cun orzamento de case 670.000 euros

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nunha xornada dedicada ó emprendemento feminino no concello coruñés de Cambre
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nunha xornada dedicada ó emprendemento feminino no concello coruñés de Cambre
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nunha xornada dedicada ó emprendemento feminino no concello coruñés de Cambre
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nunha xornada dedicada ó emprendemento feminino no concello coruñés de Cambre

Santiago, 11 de xullo de 2014.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da Xornada Emprender en Feminino na reserva da biosfera “Mariñas coruñesas e terras do Mandeo”, xunto ao alcalde de Cambre, Manuel Rivas Caridad e o Presidente do Consello de Dirección da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, José Antonio Santiso Miramontes.

Na Xornada, López Abella apuntou que o Goberno galego está decidida a promover todas as accións necesarias para fomentar o emprego e apoiar o emprendemento feminino, ademais de seguir apoiando iniciativas de información e formación tales como a que se viviu hoxe en Cambre. Para este fin, a Secretaría Xeral da Igualdade conta co Programa Emega, que este ano dispón dun orzamento de case 670.000 euros e cuxa convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) dentro duns días.

Ademais, a secretaria xeral quixo recordar na súa intervención que tamén é preciso incentivar o emprendemento orientado á muller rural, xa que é fundamental potenciar o desenvolvemento profesional e o empoderamento destas mulleres en todos os posibles ámbitos da actividade económica. López Abella asegurou que a integración de xénero no medio rural é un elemento estratéxico para o crecemento económico e un desenvolvemento pleno e duradeiro do medio.

Apoio ao emprendemento
O Plan de Xestión da reserva da biosfera “Mariñas Coruñesas e terras do Mandeo” recolle unha serie de liñas de apoio ao emprendemento, co fin de procurar un desenvolvemento socioeconómico do territorio, ademais da inserción das mulleres no mercado laboral e do apoio ás emprendedoras.

A Xornada Emprender en Feminino na reserva da biosfera “Mariñas coruñesas e terras do Mandeo” continuou ao longo da mañá cunha charla sobre as principais liñas de axuda para as mulleres interesadas en emprender, unha mesa debate sobre a “Muller e o reto de Emprender” no que interviron diferentes mulleres empresarias de Cambre e outra sobre as oportunidades de emprender en feminino, “Toda unha vida emprendendo”, na que participaron a representante da Asociación Rural de Mulleres Emprendedoras (ARUME), Pura Paz, a emprendedora xa xubilada Ana López e María Míguez, representante da Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural (AMFAR-Cambre).