A Xunta aposta pola educación como ferramenta fundamental para avanzar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na entrega de premios do I Concurso de debuxo e relato curo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra

  •  Rueda participou hoxe na entrega de premios do I Concurso de debuxo e relato curo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra
  • Rueda participou hoxe na entrega de premios do I Concurso de debuxo e relato curo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra
  • Rueda participou hoxe na entrega de premios do I Concurso de debuxo e relato curo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra

Pontevedra, 24 de novembro de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe pola educación como unha ferramenta fundamental para avanzar na consecución da igualdade real entre homes e mulleres, así como na loita contra a lacra da violencia de xénero.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación na entrega de premios do I Concurso de debuxo e relato curto contra a violencia de xénero, organizado polo Subdelegación de Goberno de Pontevedra. Ao acto tamén asistiron a subdelegada de Goberno, Ana Ortiz, e a delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa.

Ademais dos casos de violencia de xénero, existen actualmente outros sinais de alarma entre a mocidade, como amosan recentes estudos nos que se reflicte que aínda existe unha porcentaxe de mozos e mozas que consideran “normais” actitudes de dominio ou submisión nas relacións de parella.

De aí que a Administración autonómica estea apostando decididamente por fomentar unha educación en igualdade e libre de estereotipos de xénero. Para conseguilo, téñense posto en marcha diversas iniciativas como o Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos 2016-2020, que inclúe un total de 87 medidas.

Ademais, existen outras actuacións como o proxecto Maletas Viaxeiras, con ensinanzas sobre a materia; o Plan Proxecta, con programas de visibilización e posta en valor das mulleres da sociedade galega; ou o novo ciclo formativo de promoción da igualdade de xénero, que se oferta este curso de forma pioneira no centro da Xunqueira, en Pontevedra.

Tema: