A Xunta anima á mocidade a continuar sumando esforzos na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, impartiu hoxe unha charla ao alumnado do ciclo superior en Promoción e Igualdade de xénero do CIFP A Xunqueira

  • Susana López Abella, impartiu hoxe unha charla ao alumnado do ciclo superior en Promoción e Igualdade de xénero do CIFP A Xunqueira
  • Susana López Abella, impartiu hoxe unha charla ao alumnado do ciclo superior en Promoción e Igualdade de xénero do CIFP A Xunqueira
  • Susana López Abella, impartiu hoxe unha charla ao alumnado do ciclo superior en Promoción e Igualdade de xénero do CIFP A Xunqueira

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2019.-A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, animou hoxe á mocidade, e á sociedade en xeral, a continuar sumando esforzos na loita contra a violencia de xénero. Así o sinalou hoxe durante unha charla que impartiu ao alumnado do ciclo superior en Promoción e Igualdade de Xénero do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Xunqueira.

Durante a súa intervención, a secretaria xeral fixo un percorrido por todos os recursos dos que dispón a Administración autonómica para prestar atención ás vítimas desta lacra. Así, detallou, entre moitas outras medidas, iniciativas como as campañas de prevención e sensibilización; as exposicións e obradoiros, dirixidos especialmente ás xeracións máis novas; as campañas contra o acoso sexual no entorno laboral; a rede galega de acollemento para vítimas; as prestacións económicas de axuda; ou os programas de apoio psicolóxico.

A todas estas actuacións, súmanse outras iniciativas novidosas que se están a poñer en marcha -ou que están a piques de facelo- no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, como a quenda de garda psicolóxica ou un plan de atención aos menores orfos vítimas da violencia machista.

Ademais das políticas concretas en materia de loita contra a violencia de xénero, a Xunta no seu conxunto está a promover de xeito transversal políticas de cara a acadar a igualdade real entre homes e mulleres. Entre algunhas das últimas iniciativas tomadas neste eido, destaca a aprobación do Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021; a campaña de Xoguetes para a igualdade, que busca romper cos estereotipos de xénero; ou o Plan galego de igualdade no ámbito educativo, ámbito no que se están a poñer en marcha moitas iniciativas, como por exemplo o propio ciclo superior do CIFP A Xunqueira.

Tema: