Vicepresidencia e Vivenda asinan un convenio para facilitar o acceso ao alugueiro das mulleres vítimas de violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ratificaron hoxe este acordo no marco do Pacto de Estado

  • Firma dun convenio para facilitar o acceso ao alugueiro das mulleres vítimas de violencia de xénero

Santiago de Compostela, 6 de marzo.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero, en concreto, para facilitar o seu acceso ao alugueiro cunha convocatoria específica de axudas.

Este acordo inscríbese na execución do Pacto de Estado contra a violencia de xénero en Galicia. Súmase a outros acordos xa asinados con Educación, para desenvolver accións no ámbito educativo; e con Cultura e Turismo, que levarán a loita contra a violencia de xénero ás bibliotecas públicas e a festivais e festas de interese turístico.

A convocatoria que recolle o convenio ten como obxectivo poñer a disposición das vítimas as ferramentas necesarias que lles permitan iniciar unha nova vida e recuperar a súa autonomía e independencia lonxe da situación de violencia. O colectivo de mulleres vítimas de violencia de xénero xa ten carácter preferente en moitas das axudas deste ámbito

Tema: