Susana López Abella destaca a labor da asociación Anel en prol das mulleres maiores do rural

A titular de Igualdade adiantoulle que para este ano manterase o orzamento dedicado á orde para entidades de iniciativa social para programas para mulleres

  • Susana López Abella destaca a labor da asociación Anel en prol das mulleres maiores do rural
  • Susana López Abella destaca a labor da asociación Anel en prol das mulleres maiores do rural
  • Susana López Abella destaca a labor da asociación Anel en prol das mulleres maiores do rural

Santiago, 13 de febreiro 2013. A secretaría xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou a labor da Asociación de Mulleres “Anel” en prol da atención ás mulleres maiores que viven soas no ámbito rural, resaltando tamén a importancia que ten o asociacionismo no ámbito rural.

López Abella mantivo hoxe unha reunión con representantes desta Asociación ourensá que naceu no ano 1995, contando xa con máis de 140 mulleres asociadas e que supón un recurso moi importante para a poboación do concello de San Xoán de Río, en Ourense onde foi creada.

A Asociación Anel encárgase entre outras cousas de atender ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo, e consegue beneficiosos resultados sociais tanto para as usuarias coma para as súas familias.

Ademais, a secretaria xeral da Igualdade adiantoulle que para este ano 2013, manterase o orzamento dedicado á orde para entidades de iniciativa social para programas para mulleres, ao igual que se veu facendo durante os últimos tres anos cun orzamento de 75.000 euros para o programa que a Asociación Anel está levando a cabo.