Susana López Abella destaca a importancia da labor dos concellos coma impulsores da igualdade

O alcalde de Vila de Cruces presentoulle o Plan de Igualdade do concello á secretaria xeral de Igualdade da Xunta

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, e a concelleira da área de Igualdade no concello, Beatriz Iglesias Sánchez

Santiago, 4 de febreiro 2013. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a importancia que teñen os concellos coma impulsores da Igualdade, nun encontro mantido hoxe co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, e a concelleira da área de Igualdade no concello, Beatriz Iglesias Sánchez.

O concello de Vila de Cruces presentoulle hoxe as liñas de actuación do Plan de Igualdade do concello á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, nunha xuntanza que tivo lugar esta mañá, no despacho da Secretaría Xeral.

Susana López Abella destacou que o seu departamento está a preparar a convocatoria anual de axudas aos concellos para favorecer a súa implicación neste eido, e lembrou que para favorecer a implicación das entidades locais na cultura da igualdade e da conciliación, a Secretaría Xeral da Igualdade convoca anualmente axudas para os concellos, distribuídas en catro liñas de actuación, centradas na promoción da igualdade, na prevención e tratamento da violencia de xénero, en programas de fomento da conciliación e nunha liña de apoio aos CIM.

Tema: