A secretaria xeral de Igualdade mantén unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’

Susana López Abella destacou que a Xunta creou este premio no 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e tecnoloxía

  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella mantivo hoxe unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’.2014, a catedrática de Enxeñería de Telecomunicación Carmen García Mateo.  Autor: Conchi Paz
  • A secretaria xeral de Igualdade mantén unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella mantivo hoxe unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’.2014, a catedrática de Enxeñería de Telecomunicación Carmen García Mateo.  Autor: Conchi Paz

Santiago, 17 de setembro de 214.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella mantivo hoxe unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’.2014, a catedrática de Enxeñería de Telecomunicación Carmen García Mateo.

Segundo destacou a secretaria xeral, o goberno galego creou o Premio ‘María Josefa Wonenburger’ no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte da Xunta dende a Secretaria Xeral da Igualdade. Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía

A premiada deste ano, Carmen García Mateo, é catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo. Licenciouse no ano 1987 na Universidade Politécnica de Madrid e doutorouse en 1993 cunha tese sobre “Técnicas de Representación do Espectro en Codificación de Voz e Baixa Velocidade”.

Desde principios dos anos noventa traballa como profesora titular na Escola de Enxeñería de Telecomunicación, na Universidade de Vigo, onde tamén ten desenrolado o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea, entre os anos 2006 e 2010. Así mesmo, ten participado en importantes publicacións científico-técnicas e multitude de proxectos de I+D; e é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense, SEAF.

Premio María Josefa Wonenburguer
A primeira premiada co ‘María Josefa Wonenburger’ foi Inmaculada Paz Andrade, catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela; un ano despois, en 2008, recibiuno María Teresa Miras Portugal, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense de Madrid; e no ano 2009 Marisol Soengas González, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.

No ano 2010 a premiada foi Carmen Navarro Fernández-Valbuena, xefa do servizo de Anatomía Patolóxica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; en 2011 foi Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela; e en 2012 María Tarsy Carballas Fernández, edafóloga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas. A última galardoada ata o momento fora María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, e responsable do laboratorio de nano biofármacos no centro de investigación CIMUS da USC.