A secretaria xeral da Igualdade visitou no Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo a exposición Premios María Josefa Wonenburguer

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella visitou esta mañá a exposición dos Premios María Josefa Wonenburguer
Ribadeo (Lugo), 11 de xuño de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella visitou esta mañá a exposición dos Premios María Josefa Wonenburguer, onde lembrou que este ano, dúas das Premiadas, Isabel Aguirre de Úrcola e María José Alonso Fernández van a ser galardoadas coas Medallas Castelao 2018.
 
Dende a creación do Premio foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía, e así coa visibilización a través desta exposición da súa actividade e do seu triunfo, podemos lograr afianzar a idea de que muller e ciencia non só son compatibles senón que son unha combinación gañadora. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.
Tema: