A secretaria xeral da Igualdade visitou a Feira de Mostras da Federación de Autónomos de Galicia

Marta González percorreu a feria e coñeceu de primeira man as necesidades deste colectivo e en particular das mulleres autónomas galegas. A Secretaría Xeral da Igualdade concedeu, no ano 2010, a Federación de Autónomos de Galicia e a AMPAGA máis de 43.000 euros en axudas para a formación de mulleres na creación, xestión e organización de empresas.

  • A secretaria xeral da Igualdade visitou a Feira de Mostras da Federación de Autónomos de Galicia
  • A secretaria xeral da Igualdade visitou a Feira de Mostras da Federación de Autónomos de Galicia
  • A secretaria xeral da Igualdade visitou a Feira de Mostras da Federación de Autónomos de Galicia
  • A secretaria xeral da Igualdade visitou a Feira de Mostras da Federación de Autónomos de Galicia

A secretaria Xeral da Igualdade, Marta González, visitou hoxe en Expocoruña a XVII Feria de Mostras da Federación de Autónomos de Galicia, acompañada polo presidente da federación, Francisco Pérez Bello, e polo director da feria, Luis Fraga, e pola presidenta da Asociación de Mulleres Autónomas e Profesionais de Galicia (AMPAGA), Paloma Sobrino, que lle explicaron como estaba transcorrendo este ano o evento.

Ademais, coincidindo con que hoxe se celebraba na feira o Día das Illas Açores (Portugal), Marta González foi a responsable de clausurar o acto institucional, no que participaron os presidentes das Cámaras de Comercio das illas de Pico, Horta e Faial, o alcalde de Horta, o responsable da Axencia de Inversión das Açores e os presidentes da Fundación Luso-Galaica.

A secretaria xeral percorreu gran parte da feria, que este ano conta con 360 stands nos que máis de 220 expositores ofrecen os seus produtos e servizos, e durante o percorrido puido coñecer de primeira man as principais preocupacións do sector, en particular o que se refire ás demandas de servizos para as mulleres autónomas, que en Galicia supoñen un 44% do total deste colectivo.

Marta González explicoulles algunhas das medidas postas en marcha desde o departamento que dirixe na Xunta de Galicia para o apoio ás mulleres autónomas e pequenas emprendedoras, que axuda anualmente a unha media de 300 novas emprendedoras a montar as súas empresas ou negocios, así como outras medidas de formación.

De feito, a Secretaría Xeral da Igualdade concedeu, no ano 2010 á Federación de Autónomos de Galicia e a AMPAGA máis de 43.000 euros en axudas para a formación de mulleres na creación, xestión e organización de empresas.

A Xunta de Galicia, dixo González, "sempre colaborou cos autónomos, por iso o éxito desta feira é un éxito de todos e todas as galegas, especialmente nestes momentos de crise económica".

A secretaria xeral visitou os salóns sectoriais, as áreas dedicadas a alimentación, automoción, servizos e produtos; así como a zona dedicada Portugal, país convidado nesta edición, e aos concellos presentes na mostra e que daban a coñecer as súas festas tradicionais e a súa gastronomía.

Marta González tamén percorreu o salón de oportunidades de comercio no que se pode atopar roupa, calzado, complementos, téxtil e decoración, todo con descontos de ata o 70%, o que facilitará ás compras de Nadal.

A secretaria xeral tamén visitou o espazo da BRILAT, no que puido facer un repaso fotográfico da historia militar desta brigada, así como ver os vehículos militares dotados das máis avanzadas tecnoloxías.