A secretaria xeral da Igualdade visitou a exposición 'Mulleres no obxectivo' no Concello do Pino

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, visitou hoxe a exposición “Mulleres no Obxectivo” no Concello de O Pino acompañada polo alcalde, Manuel Taboada, a concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Francos, e a comisaria da mostra, Belén Fortes.

  • A secretaria xeral da Igualdade visitou a exposición 'Mulleres no obxectivo' no Concello do Pino

O Concello de O Pino é o primeiro en recibir esta exposición, organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade, que foi inaugurada en Santiago de Compostela con motivo do 8 de marzo Día Internacional da Muller, e que percorrerá numerosos concellos de Galicia y norte de Portugal ao longo deste ano.

"Mulleres no Obxectivo" é unha mostra que a través das fotografías de 23 fotoxornalistas galegos/as trata de sacar á luz, desde unha óptica de normalidade e respecto, as imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e á súa relación cotiá co traballo ao longo da historia, e á conciliación da vida laboral e familiar.

Dentro da exposición, que estará en este concello ata o próximo 30 de abril, inclúese a peza audiovisual Mulleres XX, sobre as mulleres galegas e o traballo. Esta peza, que toma o nome do cromosoma feminino, amosa ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, ás primeiras redeiras, ás mestras, ás lavandeiras, ás médicas, ás xornalistas, etc… dende o pasado ata a actualidade.

Ademais, o vídeo, que ten como eixo temático a progresión da mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao momento actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual ou social.

Na exposición, ademais dos fotoxornalistas, que participaron cedendo as súas obras, participou tamén o Centro Galego de Artes da Imaxe, dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e o Museo ANFACO da Industria Conserveira.

Colectivo: