A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza co Alcalde de Burela, José María González Barcia

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo una xuntanza co Alcalde de Burela, José María González Barcia
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo una xuntanza co Alcalde de Burela, José María González Barcia

Santiago de Compostela, 26 de febrerio de 2014. Na xuntanza mantida no día de hoxe, a secretaria xeral da Igualdade valorou moi positivamente o traballo que se está a desenvolver no concello de Burela en materia de igualdade e contra a violencia de xénero.

O pasado ano o concello de Burela a través da orde para entidades locais recibíu una subvención de máis de 50.000 €: 45.000 € para o mantemento do Centro de Información á Muller de Burela e 6.200 € para levar a cabo un programa de promoción da Igualdade.

O concello de Burela é un dos 30 concellos da provincia de Lugo que está adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero de Galicia. Así, no pasado mes de decembro o concello de Burela acolleu a representación de I´ll be Watching You, un espectáculo pedagóxico, lúdico e musical que analiza os roles de xénero a través das cancións de amor e busca sensibilizar a adolescentes ante condutas violentas.

Tema: