A secretaria xeral da Igualdade reúnese con representantes da Fundación Eduardo Pondal

Multimedia

Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela.

O obxectivo do encontro foi, fundamentalmente, presentar o programa de actividades que a Fundación levará a cabo con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do Día internacional contra a violencia de xénero.