A secretaria xeral da Igualdade reúnese co actor e director Rubén Riós

  •   A secretaria xeral da Igualdade reúnese co actor e director Rubén Riós
  •  A secretaria xeral da Igualdade reúnese co actor e director Rubén Riós
  •  A secretaria xeral da Igualdade reúnese co actor e director Rubén Riós

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co actor, produtor e director Rubén Riós.

Na xuntanza, Riós presentoulle á secretaria xeral distintos proxectos nos que está traballando e que teñen, entre os seus obxectivos, fomentar o respecto á igualdade a través do audiovisual, apostar pola inclusión dos colectivos de persoas con discapacidade e recoñecer o traballo que realizan ás persoas que traballan en asociacións dedicadas ao benestar das mulleres e homes con capacidades diferentes.