A secretaria xeral da Igualdade recibe ao alcalde do Carballiño

A reunión centrouse en analizar melloras para o CIM da localidade, que recibíu o pasado ano unha axuda de 18.661 euros

Asistiron tamén ao encontro a subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Carmen Orgeira,  e a concelleira de Servizos Sociais, Purificación Alberte

Multimedia

Santiago, 31 de xaneiro de 2012.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde do Carballiño (Ourense), Argimiro Marnotes, ao obxecto de abordar melloras no servizo do CIM da localidade, que o pasado ano percibíu unha axuda de 18.661 euros da Secretaría da Igualdade. No encontro estiveron tamén presentes a subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Carmen Orgeira, e a concelleira de Servizos Sociais, Purificación Alberte.

As axudas aos CIMs para o novo exercicio poderán canalizarse a través da convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade para os concellos, publicada no  DOG o pasado 11 de xaneiro. Estas axudas, por un importe de 3.633.900 euros, están dirixidas aos concellos de Galicia para estimular a posta en marcha de iniciativas no eido da prevención da violencia de xénero, da igualdade e da conciliación, incluíndo o mantemento dos CIMs.

Susana López Abella trasladou ao alcalde do Carballiño o compromiso do departamento por axilizar a convocatoria deste ano, ao obxecto de adiantar a concesión das axudas e, consecuentemente, o pagamento aos concellos. Amáis, engadíu que vai realizarse un primeiro pagamento anticipado do 80% do importe das axudas unha vez resoltas, para que os concellos dispoñan dos recursos canto antes e cando realmente os precisan, nunha conxuntura na que coinciden a complexa situación financeira e unha maior demanda de servizos da veciñanza.

Colectivo: