A secretaria xeral da Igualdade participou en Vilagarcía na inauguración dun curso sobre igualdade e violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, participou onte en Vilagarcía de Arousa na inauguración do curso de verán Un mundo de iguales: luchando por la igualdad y contra la violencia de género, xunto coa Secretaria General de Igualdad do Estado, Isabel María Martínez Lozano, a concelleira de Muller de Vilagarcía, Victoria Hierro, e a directora do curso Raquel Castillejo.

Este curso conta ademais coa participación de persoal técnico, especialistas, xuristas e outros profesionais cualificados, que abordarán o tema da igualdade e da violencia de xénero dun xeito multidisciplinar, coa finalidade extraer conclusións e avanzar na loita contra a violencia ás mulleres e na igualdade entre homes e mulleres.

A secretaria xeral destacou na súa intervención a importancia de continuar organizando actividades que sensibilicen, informen e formen en materia de igualdade e que contribúan a erradicar a grave problemática da violencia de xénero.

Neste sentido, Marta González declarou que a achega universitaria para á xeración de coñecementos en materia de igualdade e para a sensibilización da sociedade en xeral é sumamente importante, polo que dende a área de igualdade da Xunta de Galicia se están a articular mecanismos para conquerir reforzar sustancialmente a colaboración xa existente entre a Xunta e os grupos de investigación sobre a igualdade entre as mulleres e os homes e a violencia de xénero en todos os sectores da sociedade.