A Secretaría Xeral da Igualdade mantivo unha xuntanza de traballo coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR)

Na xuntanza fixeron balance do traballo levado a cabo durante o pasado ano 2016 e, concretamente das áreas de traballo e das persoas atendidas pola asociación no pasado ano 2016

Foron dúas áreas estratéxicas nas que a entidade traballou, especialmente, a de empoderamento e a de educación en Igualdade

Multimedia

Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza coa Asocación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR)

Santiago, 20 de xaneiro de 2017.- A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) na que fixeron balance do traballo levado a cabo durante o pasado ano 2016 e, concretamente das áreas de traballo e das persoas atendidas pola asociación no pasado ano 2016.

Foron dúas áreas estratéxicas nas que a entidade traballou, especialmente, a de empoderamento e a de educación en Igualdade

Na área de empoderamento fixeron unha análise do Programa Emerxe, un servizo de atención personalizada e especializada a mulleres con discapacidade que financiou  a S.X da Igualdade con máis de 25.000 € a través da orde de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e, cuxo obxectivo foi o de proporcionar unha atención integral ás mulleres con discapacidade potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida autónoma.

As actuacións que albergaron este programa foron: servizo de información, orientación e asesoramento, servizo de atención psicolóxica, servizo de mediación familiar, servizo de apoio e orientación  e o servizo de apoio e orientación para a mellora da empregabilidade.

Deste programa beneficiáronse o pasado ano trinta mulleres.

Tema: