A secretaria xeral da Igualdade mantivo un encontro coa Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos

A secretaria Xeral da Igualdade, Marta González, reuniuse con  Candelaria Carrera Asturiano, directora da Área da Muller da Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos (ATA), e coa persoa responsable da mesma entidade en Galicia, que lle manifestaron o interese da organización en aumentar os seus servizos na nosa comunidade autónoma, debido a altísima porcentaxe de mulleres galegas autónomas.

A responsable de ATA explicou a importancia que a federación ten a nivel de representatividade das mulleres, e a demanda de servizos para mulleres autónomas existente, xa que Galicia lidera en España a porcentaxe de mulleres autónomas, con un 44 por cento, mentres que a media nacional sitúase no 32,2 por cento, dun total de 3.133.792 traballadoras/es autónomos.

Pola súa banda, Marta González informou á Federación das medidas postas en marcha desde o Servizo Galego de Igualdade para o apoio ás mulleres autónomas e pequenas emprendedoras, que axuda anualmente a unha media de 300 novas emprendedoras a montas as súas empresas ou negocios, así como outras medidas de formación.

Colectivo: