A secretaria xeral da Igualdade manifesta o seu apoio á campaña “Por ser nena” da ONG Plan Internacional

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa directora de comunicación da ONG Plan Internacional
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa directora de comunicación da ONG Plan Internacional

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa directora de comunicación da ONG Plan Internacional, Cristina García Baylo. No encontro, manifestou o seu apoio á campaña “Por ser nena”, impulsada por esta organización desde 2007 para acabar coa discriminación de xénero que afecta a millóns de nenas en todo o mundo.

Esta campaña, de carácter mundial, busca o empoderamento das nenas e acabar con catro das principais problemáticas que lles afectan: a mutilación xenital, o embarazo temperán, a violencia e o matrimonio forzado. O principal obxectivo deste movemento é conseguir un compromiso dos líderes mundiais para garantir polo menos 9 anos de educación universal, gratuíta e de calidade para todas as nenas do mundo.

Tema: