A secretaria xeral da Igualdade considera o teatro como "un medio idóneo para transmitir valores esenciais como a igualdade entre homes e mulleres"

Marta González reuniuse coa actriz Blanca Marsillach, que presenta o programa de teatro interactivo "Buscando a Hilary". Valorou moi positivamente esta iniciativa así como outras obras teatrais feitas en Galicia.

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, resaltou hoxea importancia do teatro como "un medio idóneo para transmitir valores esenciais como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres".

Marta González fixo esta valoración logo de reunirse, esta mañá, coa actriz Blanca Marsillach, que presenta un programa de teatro terapéutico para mulleres coa finalidade de traballar con elas na mellora da súa autoestima.

Así mesmo, e segundo explicou a secretaria xeral da Igualdade, esta obra, que xa se levou a cabo en diversas localidades da Comunidade autónoma de Madrid, foi moi ben acollida entre o público asistente.

A obra "Buscando a Hillary", escrita por Elise Varela, é a historia dunha muller duns 40 anos que afronta os conflitos e loita por combatir os medos e as inseguridades. O taller, como denomina Blanca Marsillach a esta obra teatral, está destinada a toda a cidadanía.

Marta González valorou moi positivamente esta iniciativa e comprometeuse a estudar a posibilidade de que obra se represente cidades galegas.

A secretaria xeral da Igualdade, recorda que en Galicia tamén se está a traballar neste sentido. Distintas compañías teatrais galegas están a desenvolver proxectos relacionados coa igualdade entre homes e mulleres, promovendo a socialización en igualdade, o que é de destacar.