A Secretaría Xeral da Igualdade aposta pola promoción das mulleres emprendedoras no medio rural

A titular de Igualdade, Susana López Abella, foi a encargada de abrir o foro de emprendemento “Liderado feminino e desenvolvemento rural sostible”

  • A secretaria xeral da Igualdade, na inauguración do foro, hoxe en Ourense
  • A secretaria xeral da Igualdade, na inauguración do foro, hoxe en Ourense
  • A secretaria xeral da Igualdade, na inauguración do foro, hoxe en Ourense
  • A secretaria xeral da Igualdade, na inauguración do foro, hoxe en Ourense

Ourense, 4 de xuño de 2014. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o foro de emprendemento “Liderado feminino e desenvolvemento rural sostible”, onde destacou a importancia de seguir traballando na promoción do emprendemento das mulleres no rural e na procura de nichos de riqueza inexplorados no sector para o seu aproveitamento.

Para levar a cabo este propósito, López Abella puntualizou que a Administración galega traballa no fomento de novas actividades que permitan unha transformación máis competitiva para o avance do medio rural, conseguindo desta maneira xerar novas oportunidades de emprego, especialmente para as mulleres.

Ademais, a secretaria tamén recordou na súa intervención que o VI Plan galego para a Igualdade de mulleres e homes do Goberno galego inclúe entre os seus obxectivos estratéxicos o “aproveito do talento feminino”, que persegue acadar una maior participación de mulleres no desenvolvemento económico e social da Comunidade, para aumentar as bases dun tecido produtivo máis competitivo e fomentar ao mesmo tempo unha organización empresarial máis comprometida coa igualdade de xénero.

O Foro, que se desenvolverá ó longo desta mañá ate pasado o mediodía, contará co tratamento doutros temas como son as oportunidades que ofrece o rural na dinamización de sectores tradicionais ou as opcións de negocio e a incorporación das novas tecnoloxías na comercialización. O evento está organizado pola Asociación Executivas de Galicia e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.