A Policía Autonómica presta vixilancia e protección a 215 mulleres vítimas da violencia de xénero

A Unidade da Policía Adscrita (UPA) realizou un total de 30 detencións desde que asumiu competencias na loita contra a violencia de xénero en setembro de 2016

Ademais, efectuou máis de 20.700 accións de contravixilancia no entorno da vítima ou do agresor, e máis de 1.100 identificacións

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2017.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco, participaron hoxe nunha reunión para facer balance da actuación da Unidade da Policía Adscrita (UPA) en materia de loita contra a violencia de xénero.

A Policía Autonómica asumiu competencias na materia en setembro do ano pasado, tras asinar un protocolo de coordinación coa Xefatura Superior de Policía de Galicia que supuxo, entre outros aspectos, integrar o punto de coordinación das ordes de protección de Galicia co sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero (Sistema Vioxen). Posteriormente, os axentes da UPA recibiron formación específica, tanto teórica como práctica.

As funcións que desenvolven os axentes pasan, fundamentalmente, por desprazar medios ante avisos de episodios de violencia, en colaboración coa Policía Nacional; prestar atención singularizada á vítima, a través de información detallada sobre procedementos legais, institucións de apoio...; traslado das vítimas ao centro asistencial cando teñan sido agredidas, así como á comisaría para proceder á denuncia; recollida de datos sobre o agresor e posta en marcha de medidas de seguridade oportunas; e adopción das medidas de protección establecidas nos correspondentes protocolos, tendo en conta o nivel de risco da vítima. As actuacións inícianse de oficio, a instancia das vítimas ou por requirimento de terceiros.

Actualmente, a Policía Autonómica presta protección a 215 vítimas, que se distribúen do seguinte xeito seguindo as distintas xefaturas: 57 na Coruña, 55 en Vigo, 31 en Ourense, 31 en Santiago, 26 en Lugo e 15 en Pontevedra.

Desde setembro de 2016, o traballo desta unidade permitiu a detención dun total de 30 persoas. Neste período, tamén realizaron outras actuacións destacables como 1.176 identificacións, e máis de 20.700 accións de contravixilancia no entorno da vítima ou do agresor. Ademais, recibiron máis de 2.400 chamadas en materia de violencia de xénero, e mantiveron case 3.400 contactos coas vítimas.

Na actualidade as unidades de prevención, asistencia e protección ás vítimas de violencia de xénero da Unidade de Policía Adscrita (UPA) contan con 13 policías adicados en exclusiva a estas mulleres, aos que se suma o apoio de 66 axentes que prestan servizo a quendas as 24 horas do día, os 365 días do ano. Hai que ter en conta, ademais, que este labor fundamental de protección e atención realízase en colaboración co Corpo Nacional de Policía.

VÍTIMAS PROTEXIDAS A DÍA DE HOXE

SEDES UPA
TOTAL
Santiago de Compostela
31
A Coruña
57
Lugo
26
Ourense
31
Pontevedra
15
Vigo
55
Total
215
 
ACTUACIÓNS POLICIAIS VIOXEN
 
SEDES UPA
TOTAL
CONTACTOS COA VÍTIMA
3399
CONTROIS ENTORNO VÍTIMA/AGRESOR
PERSOAL UPAP
1220
PERSOAL DE APOIO
 
19575
INFORMES DE AVALIACIÓN DO RISCO DA VÍTIMA
1023
NOTIFICACIÓNS XULGADO/FISCALÍA
1506
DETIDOS
30
IDENTIFICACIÓNS
 
1176
TRASLADOS/SERVIZOS HUMANITARIOS
60
 
 
Tema: