Os xulgados das sete grandes cidades galegas contarán cos profesionais da psicoloxía para atender ás vítimas

A Xunta e o Colexio de Psicólogos colaborarán para reforzar as Oficinas de Atención ás Vítimas

O vicepresidente da Xunta, o Fiscal Superior de Galicia, o presidente da Sala do Contencioso e a presidenta do Colexio de Psicólogos presentaron o novo sistema

  • A Xunta e o Colexio de Psicólogos colaborarán para reforzar as Oficinas de Atención ás Vítimas
  • A Xunta e o Colexio de Psicólogos colaborarán para reforzar as Oficinas de Atención ás Vítimas

A Coruña, 2 de outubro de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe a importancia da atención ás vítimas, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables, durante o proceso xudicial, reforzando a atención ás vítimas nos Xulgados das sete grandes cidades galegas.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado polo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o presidente da Sala do Contencioso, José María G. Díaz-Castroverde e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez, indicou que as oficinas de atención ás vítimas refórzanse con persoal cualificado nos principais xulgados galegos.

Reforzase o apoio psicolóxico especializado nas Oficinas de Atención á Vítima e ao Cidadán existentes nos xulgados de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, cun psicólogo en cada xulgado, a maiores dos dous funcionarios cos que xa contaban.

Ademais, a Xunta ten xa en marcha dende o ano 2004, o programa de atención psicolóxica a mulleres que sufran violencia de xénero e para as súas fillas e fillos menores, no que teñen intervido máis dun cento de profesionais da psicoloxía ao longo do pasado ano e que ten beneficiado dende o ano 2009 a máis de 3.600 persoas.

Tema: