Os días 3 e 10 de xuño terá lugar na Estrada o proxecto "Prevención de situacións de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades"

O obxectivo, adestrar e formar en defensa persoal

Tratarase de adestramento físico e psíquico así como de crear protocolos de actuación cara diversas situacións

PROXECTO PILOTO PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO: CURSO DE DEFENSA PERSOAL E AUTOCAPACIDADES

OBXECTIVO:

Adestrar e formar en defensa persoal.

Tratarase de adestramento físico e psíquico así como de crear protocolos de actuación cara diversas situacións.

DURACIÓN TOTAL: 8 horas

DATAS: Sábado 3 de xuño / sábado 10 de xuño

HORARIO: 10h a 140h cada sábado

INSTRUCTORES/AS: Todas as persoas serán técnicos e técnicas en defensa persoal e forman parte das Forzas e Corpos de Seguridade con ampla experiencia en formación e en técnicas de intervención, así como coñecementos en violencia de xénero.

LUGAR: Academia Galega de Seguridade Pública. (Avda. da Cultura, s/n – A Estrada - Pontevedra)

INSCRICIÓN: Directamente, cubrindo o formulario accesible neste link: https://agasp.xunta.gal/es/detalleCurso/171113

ORGANIZAN: Secretaría xeral da Igualdade e Academia Galega de Seguridade Pública (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza)

COLABORA: Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Política Social), e CIM do Concello da Estrada.

Actividade gratuíta para as participantes

Data límite para a inscrición: 31 de maio de 2017