O pleno da Unidade Muller e Ciencia revisou as súas liñas de actuación para 2010

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presidiu o pleno da Unidade Muller e Ciencia, no que se revisaron as liñas de actuación previstas para o ano 2010, debido á recente incorporación a este organismo da Secretaría Xeral de Modernización, que quere achegar unha maior presenza das mulleres nas TIC.

  • O pleno da Unidade Muller e Ciencia revisou as súas liñas de actuación para 2010
  • O pleno da Unidade Muller e Ciencia revisou as súas liñas de actuación para 2010

Esta unidade está integrada pola Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica, dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Universidades, da Consellería de Educación, e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), dependente da Consellería de Economía e Industria.

No pleno a Secretaría Xeral da Igualdade, no ámbito da Unidade Muller e Ciencia, informou da evolución do estudio que está realizando para coñecer a verdadeira situación das mulleres nas entidades do sistema de ciencia e tecnoloxía -universidades, organismos de investigación, empresas- para coñecer a opinión e a situación das mulleres investigadores en canto a percepción da incidencia de factores como a desigualdade, a maternidade ou a promoción profesional. O Estudo estará rematado no terceiro trimestre de 2010.

Na estrea na Unidade de Muller e Ciencia da Secretaría Xeral de Modernización, cuia incorporación foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 10 de xuño, ésta comprometeuse a promover a perspectiva de xénero nos informes do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), así como a promover, a través da Rede de Centros de Innovación Tecnolóxica, a formación de mulleres para traballar nas TIC, ca que só unha cuarta parte do persoal que traballa neste tipo de empresas son mulleres.

Pola súa parte o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo, fixo referencia ao éxito do programa da CRTVG "Conexións", do que se van a realizar 16 capítulos máis e incorporarán as temática específicas do ámbito de actuación da Unidade Muller e Ciencia. ión de proxectos.

Este programa realizase no eido do acordo de colaboración que a dirección xeral de I+D+i ten previsto asinar coa Compañía da Radio Televisión de Galicia, para a incorporación na programación de contidos vencellados a I+D, no que preténdese crear un espazo adicado á visibilización das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico.

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, informou sobre a evolución do estudo que están realizando sobre os factores que determinan a elección formativo-profesional nas diferentes etapas educativas do alumnado, analizando a importancia dos prexuízos e estereotipos de xénero na actual configuración do panorama educativo galego.

Estas liñas de actuación foron propostas polo grupo de expertas que forman parte desta unidade: Alicia Estévez Toranzo, catedrática e directora do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela; Rosaura Leis Trabazo, profesora titular de Pediatría da Facultade de Medicina, membro da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia e impulsora da Fundación Dieta Atlántica; e Mabel Loza, profesora titular de Farmacoloxía da Universidade de Santiago e responsable de numerosos proxectos de investigación no ámbito farmacéutico.

Pero ademais dos proxectos que se están elaborando, tamén acordaron que a Unidade Muller e Ciencia terá maior presenza nas actividades que se realicen no eido da Semana da Ciencia,  e falaron sobre a revista Xenia.

A revista Xenia

A Unidade Muller e Ciencia edita a revista Xenia para propiciar "un acercamento amable" á igualdade de xénero na ciencia e no ámbito educativo. A publicación está dirixida a o público preuniversitario e ten como obxectivo principal fomentar a orientación académica e profesional libre de estereotipos de xénero. Quere ofrecer referentes femininos no eido da investigación e da ciencia.

Ata agora a publicación distribuíase nos centros educativos con último ano da ESO e do Bacharelato, en bibliotecas públicas, e en Centros de Información á Muller (CIM), pero no pleno de hoxe acordouse que o próximo número da revista será en formato dixital, a proposta da Secretaría Xeral de Modernización, xa que desta forma poderá ter unha maior distribución.

Que é a Unidade Muller e Ciencia?

A Unidade Muller e Ciencia de Galicia foi creada coa finalidade de conseguir unha maior implicación e participación das mulleres nos eidos da ciencia e da investigación, así como favorecer unha maior visibilización das que xa desenvolven a súa actividade profesional nestes eidos.

Dende a Xunta de Galicia considérase que é importante concederlle prioridade a esta cuestión en canto ao deseño e promoción das políticas científicas, tecnolóxicas, educativas e mesmo sociais, co obxectivo de corrixir os desequilibrios entre investigadoras e investigadores, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a optimizar a utilización dos recursos humanos e, ao mesmo tempo, enriquecería a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

Entre os obxectivos desta unidade, que funciona en pleno e en comisións de traballo nas áreas de Igualdade, Educación, I+D+i e dende este mes de xuño na de Modernización,  está incrementar a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia; promover actuacións dirixidas a eliminar os desequilibrios existentes no relativo á formación científica, así como no eido da investigación e innovación e no da xestión da I+D+i; e situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano.

Entre as súas funcións están realizar informes e avaliacións que permitan establecer o estado actual da situación en Galicia e a súa evolución no tempo, sensibilizando á sociedade sobre a presenza real das mulleres nestes ámbitos, e permitindo deseñar accións que contribúan a acadar a equidade de homes e mulleres na ciencia e na tecnoloxía.

Tamén traballa para fomentar en todos os ámbitos e niveis educativos (ensino primario, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior e ensino universitario) a orientación non sexista para promover a presenza das mulleres nos itinerarios e /ou especialidades científicas e tecnolóxicas.

Contido: 
Feitos vitais: 
Colectivo: