O Pleno da Unidade de Muller e Ciencia acorda conceder o premio Wonenburguer 2013 á farmacéutica María José Alonso

Na designación tívose en conta a traxectoria profesional da premiada coma pioneira da nanotecnoloxía

Foi unha das impulsoras do proxecto Campus Vida da USC que acadou o recoñecemento de excelencia internacional

  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia celebrado en Santiago  Autor: Xoán Crespo
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia celebrado en Santiago  Autor: Xoán Crespo

Santiago, 3 de setembro de 2013. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, celebrado en Santiago, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso.

María José Alonso Fernández é catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de traballar en universidades coma a de París Sur (1986-87)e o Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92). Dirixiu e coordinou 40 proxectos de investigación en colaboración ca OTAN, a OMS, a Comisión Europea e a Fundación Bill Gates.

Alonso alcanzou o noveno posto no ranking mundial do Times Higher Education 2010 na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía. Foi unha das grandes impulsoras do proxecto Campus Vida que obtivo o recoñecemento de excelencia internacional. Participou tamén en comisiones asesoras, evaluadoras e de traballo da European Sciences Foundation e a Welcome Trust Foundation.

Foi tamén asesora científica del Ministerio de Ciencia e Innovación, membro das Reais Academias de Farmacia de Galicia y España, e no ano 2011 foi galardoada co Premio Jaime I.

Nas anteriores edicións foron sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade (Física), Teresa Miras Portugal (Farmacia), María Soledad Soengas (Bioloxía), Carmen Navarro (Medicina) e Ofelia Rey (Historia), e Tarsy Carballas (Química).

A Unidade de Muller e Ciencia creouse en 2007 cos obxectivos de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas, instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.