O 'Libro blanco das mulleres na ciencia española' constata a infrarrepresentación feminina no sistema investigador

Foi presentado esta mañá pola ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia.

Pon de relevo o profundo desaxuste entre o 60% de mulleres tituladas nas universidades españolas e o 15% que ocupan cátedras.

Santiago, 17 de outubro de 2011.- Aínda que o 60% das personas tituladas na universidade española son mulleres e estas gradúanse con mellores expedientes que os varóns, só o 23% do profesorado de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o 15% das cátedras de universidade están ocupadas por mulleres. É un dos datos que revela o ‘Libro Branco sobre a situación das mulleres na ciencia española’,  elaborado pola Unidade de Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación, coa colaboración da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA), que foi presentado esta mañá en Madrid pola  ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia.

O Libro Branco, que analiza a evolución da presenza feminina no sistema científico español entre 1998 e 2007, tamén constata que nos últimos 20 anos a porcentaxe de catedráticas só aumentou nun 6%.

Segundo declaracións da ministra na presentación, "hai que incidir nas causas de tipo estructural, nos estereotipos e prácticas institucionais e personais que xeneran sesgos e barreiras cuxos efectos negativos para as carreiras das mulleres son moi reais".

A experiencia internacional amosa, en opinión da ministra, que, "sen medidas activas como as que o Goberno tomou coa Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, a presenza de mulleres no sistema científico non só non avanza en proporción ao número de mulleres cualificadas para acceder aos postos máis altos da carreira, senon que, nalgúns casos e momentos, mesmo pode retroceder".