O IES Mestre Landín (Marín) organiza os VII Encontros para unha convivencia positiva, que aglutina 24 centros de Galicia

  • O IES Mestre Landín (Marín) organiza os VII Encontros para unha convivencia positiva, que aglutina 24 centros de Galicia
  • O IES Mestre Landín (Marín) organiza os VII Encontros para unha convivencia positiva, que aglutina 24 centros de Galicia
  • O IES Mestre Landín (Marín) organiza os VII Encontros para unha convivencia positiva, que aglutina 24 centros de Galicia

Marín (Pontevedra), 26 de abril de 2019.- A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e maila secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron esta tarde na apertura dos VII Encontros de centros para unha convivencia positiva, que baixo o lema Un mar de redesse desenvolven entre hoxe e mañá no IES Mestre Landín de Marín.

Nos encontros, organizados nesta edición por este instituto marinense, participan un total de 24 centros de toda Galicia que, durante dúas xornadas, expoñen boas prácticas educativas e debaten sobre aspectos como os retos da educación na era dixital e as novas metodoloxías de traballo nas aulas, que se completan con obradoiros e sesións de teatro, entre outros.

A conselleira Carmen Pomar salientou o traballo que levan a cabo os centros na posta en marcha de programas de convivencia escolar no que se implican ao conxunto da comunidade educativa (desde docentes e alumnado ata familias). Segundo a titular de Educación, “estes plans revélanse como un importante recurso no proceso de participación, coñecemento, prevención e desenvolvemento da convivencia”. “O intercambio de boas prácticas de convivencia, para a educación emocional, a xestión pacífica de conflitos e o fomento da coeducación multidisciplinar e afectiva -abundou a conselleira- son iniciativas que transmiten valores ás nosas mozas e mozos”.

Pola súa parte, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou que as redes sociais son ferramentas de comunicación moi potentes que non poden ser ignoradas. O mal uso das novas tecnoloxías, recoñeceu López Abella, pode agravar situacións de violencia de xénero; poñendo como exemplo as diversas formas de ciberacoso.

Esta realidade dixital, mantivo a secretaria xeral da Igualdade, unida á influencia de estereotipos discriminatorios, fai que siga sendo necesario poñer medios á súa disposición, para que a mocidade e a comunidade educativa tomen conciencia da gravidade das condutas de control, illamento ou abuso sobre as mozas. Por isto, resaltou o papel que a escola xoga como axente socializador e os modelos ofrecidos desde ela guiarán, en boa medida, a evolución de nenas e nenos, as expectativas futuras sobre si mesmos ou os demais e a súa maneira de ser e de estar no mundo.

Tema: