O DOG publica a convocatoria para programas de tempo libre destinado a mulleres con responsabilidades familiares non compartidas

A Secretaría Xeral da Igualdade dispón este apoio ca finalidade de facilitar ás mulleres un espazo e un tempo reforzando o seu vínculo materno-filial

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.xunta.gal

Multimedia

O DOG publica a convocatoria para programas de tempo libre destinado a mulleres con responsabilidades familiares non compartidas

Santiago de Compostela, 1 de abril.- O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato. Convócanse ata un máximo de 90 prazas.

As comunidades autónomas son quen asumen as competencias da asistencia social integral ás mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas. As estadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá.

Tema: