O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia visita o Centro de Recuperación Integral para Mulleres

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañou hoxe a representantes do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) durante a súa visita ao Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de Xénero

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañou hoxe a representantes do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) durante a súa visita ao Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de Xénero (CRI), situado en Santiago de Compostela.

A secretaria xeral explicoulles o funcionamento deste centro de referencia, que ten como obxectivo ofrecer unha atención integral ás mulleres vítimas de violencia de xénero, a través dun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico, que evitan duplicidades e racionalizan a xestión.

Tema: