O 20 de marzo comeza unha nova edición do curso “Igualdade de Xénero: perspectiva xurídica” organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Escola Galega da Administración Pública (EGAP)

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017.- Esta actividade formativa organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública está dirixida ao persoal funcionario da Xunta de Galicia e forma parte do Plan Anual de Formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017. O obxectivo deste curso é realizar unha análise da igualdade de xénero desde o ámbito xurídico.

O programa do curso inclúe:

-O tratamento legal da igualdade de xénero: marco teórico- legal internacional , europeo, estatal e na Comunidade Autónoma.

Terá unha duración de 21 horas presenciais e impartirase no mes de marzo nas dependencias da EGAP en Santiago de Compostela:

Horas: 21

Prazas: 25

Datas: 20, 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de marzo en horario de 16:30 horas a 19:30 horas

 

Participarán 25 alumnos elixidos segundo os criterios xerais da EGAP de acordo coa Resolución do 4 de xaneiro de 2008, tendo preferencia para realizalo o persoal da Administración que traballe en materia de igualdade, con carácter transversal ou sectorial.

O curso será impartido por profesorado pertencente a distintos ámbitos:

Marta Vázquez Sanjurjo, letrada da Asesoría Xurídica da Xunta

José Fernando Lousada Arochena , maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Patricia Iglesias Rey, xefa do Gabinete de Estudos e Dereito comunitario, Asesoría Xurídica Xeral

Xesús do Río da Torre, xefe do servizo de apoio Técnico-Administrativo da Secretaría Xeral da Igualdade

Tema: