María Jesús Lorenzana mantivo hoxe reunións con representantes sindicais e da patronal da nosa comunidade

A nova conselleira de Emprego e Igualdade inicia os contactos cos axentes sociais galegos

Os encontros celebráronse co obxecto de invitalos ás vindeiras reunións do diálogo social que se iniciarán de xeito inmediato e continuar así colaborando en materia de emprego e igualdade, dentro dunha rolda de contactos que proseguirá nos vindeiros días

  • A nova conselleira de Emprego e Igualdade inicia os contactos cos axentes sociais galegos
  • A nova conselleira de Emprego e Igualdade inicia os contactos cos axentes sociais galegos
  • A nova conselleira de Emprego e Igualdade inicia os contactos cos axentes sociais galegos

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020.-

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe diversos contactos de traballo cos axentes sociais de Galicia co obxecto de invitalos ás vindeiras reunións do diálogo social que se iniciarán de xeito inmediato e de avaliar a situación actual en materia de emprego e igualdade. Estas xuntanzas con sindicatos e patronal supoñen unha primeira toma de contacto por parte da nova conselleira cos representantes dos traballadores e co sector empresarial, para continuar colaborando no ámbito do emprego e da igualdade.

A conselleira quixo que as súas primeiras entrevistas nesta nova etapa á fronte do departamento de Emprego e Igualdade do Goberno galego foran, precisamente, cos axentes sociais, “para reforzar con eles o diálogo e a colaboración leal” en beneficio, sobre todo, dos traballadores e tamén das empresas.

Así, a titular de Emprego e Igualdade recibiu en primeiro lugar ao secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), Paulo Carril, con quen avaliou a situación actual en materia de emprego e igualdade. A continuación, entrevistouse co secretario xeral de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia, Ramón Sarmiento, e posteriormente reuniuse con Antonio Fontenla, representante da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en calidade de portavoz desta entidade e presidente provincial da Coruña. Ademais, cómpre sinalar que a conselleira tamén mantivo xa contacto telefónico con José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT Galicia, o cal por motivos de axenda non puido acudir de xeito presencial no día de hoxe e con quen se reunirá en persoa nos vindeiros días. Cos representantes de CC.OO., CEG e UGT Galicia, ademais de abordar a actualidade en materia laboral e de igualdade, afondou no Acordo de Diálogo Social asinado o pasado mes de decembro.

A conselleira, que continuará nos vindeiros días esta rolda de contactos, destacou a boa sintonía existente entre a Xunta e os axentes sociais galegos no inicio das xuntanzas e amosouse disposta a proseguir nesa liña de cooperación a prol da mellora do emprego e da igualdade na nosa comunidade, “especialmente en momentos delicados como o que estamos a atravesar”, dixo, a causa da covid-19.


 
Tema: