Martina Aneiros pon en valor o compromiso da Xunta a prol da igualdade de oportunidades no I Foro Alvixe contra a violencia de xénero celebrado en Ferrol

Multimedia

  Martina Aneiros pon en valor o compromiso da Xunta a prol da igualdade de oportunidades no I Foro Alvixe contra a violencia de xénero celebrado en Ferrol

Ferrol, 18 de novembro de 2022.-

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor esta tarde o traballo do Goberno galego na promoción da igualdade e na loita contra a violencia de xénero e o tratamento integral ás vítimas. O fixo durante a súa participación na mesa A Violencia de xénero no contexto político actual no marco do I Foro Alvixe contra a violencia de xénero que tivo lugar no Ateneo Ferrolán.

Aneiros destacou os 44,5 millóns de euros recollidos nos Orzamentos de 2023 para a área de Igualdade, “o que supón un 41,44% máis que en 2022” e precisou que 20,5 millóns de euros se consignaron concretamente ao “máis importante e urxente, a loita contra a violencia de xénero”. Orzamento que como indicou non se destinará unicamente a manter recursos e servizos que xa están a disposición das vítimas senón que tamén a reforzar e ampliar outros novos.

Na súa intervención tamén enumerou algúns dos programas aprobados polo Executivo galego no último ano como o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 o VIII Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2022-2027 ou o I Plan Galego contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual 2022-2024.