Mañá comeza unha nova edición do curso “Formación Básica en materia de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes” organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración coa EGAP

Esta actividade formativa, dirixida a todo o persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, forma parte do Plan Anual de Formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017. O curso está organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, e ten como obxectivo o achegamento a conceptos básicos en materia de igualdade de oportunidades así como ás ferramentas necesarias para a integración da perspectiva de xénero no traballo cotián do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.

Os contidos do curso divídense en cinco bloques:

  • Conceptos básicos: políticas de igualdade, enfoque de xénero,  mainstreaming de xénero

  • Marco normativo

  • Identificación e análise da pertinencia de xénero nas actuacións da administración

  • Indicadores de xénero

  • Uso da linguaxe non sexista e protección da imaxe pública das mulleres

O curso será impartido por profesorado da Asociación Profesional de Axentes para Igualdade de Oportunidades (APAIOGA) e en cada edición participarán 25 alumnos elixidos segundo os criterios xerais da EGAP de acordo coa Resolución do 4 de xaneiro de 2008, tendo preferencia o persoal da Administración autonómica que traballe en temas de igualdade.

Esta actividade contará con dúas edicións, unha no mes de abril e outra no mes do outubro de 21 horas presenciais que se realizarán nas aulas da EGAP nas seguintes datas :

Edición Santiago 1:

Horas: 21

Prazas : 25

Datas: 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de abril  en horario de 16:30 horas a 19:30 horas

 

Edición Santiago 2:

Horas: 21

Prazas : 25

Datas: 16, 17, 18, 19, 23, 24, e 25 de octubre   en horario de 16:30 horas a 19:30 horas


Tema: