Máis de 200 empresas galegas súmanse ao Protocolo para a detección e tratamento da violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de acreditacións ás empresas, asociacións e entidades locais que se integran nesta iniciativa

O obxectivo do protocolo é detectar e previr as situacións de violencia de xénero nos lugares de traballo

O Goberno galego aprobou onte duplicar o importe reservado para as axudas periódicas destinadas a mulleres vítimas de violencia de xénero

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de acreditacións ás empresas
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de acreditacións ás empresas
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de acreditacións ás empresas

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017.- Máis de 200 empresas, federacións, colexios profesionais e entidades locais téñense adherido en Galicia ao Protocolo para a detección e tratamento nas empresas de situacións de violencia de xénero.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na entrega de acreditacións ás entidades que se teñen sumado a esta iniciativa. No acto tamén estiveron presentes a delegada territorial da Asociación española de auditores socio-laborais, María Ángeles García, e o seu presidente, Juan Pañella; a delegada do Goberno para a violencia de xénero, María José Ordóñez; e a presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), Ángeles Carmona.

A través da adhesión a este protocolo, as empresas -máis de 400 en toda España- incorporan a prevención da violencia de xénero como unha medida de acción social voluntaria dentro da súa Responsabilidade Social Corporativa.

O protocolo, elaborado coa colaboración de destacados operadores xurídicos e da Xunta, constitúe deste xeito unha ferramenta para que as empresas poidan implantar as medidas preventivas necesarias que permitan avanzar cara a erradicación da violencia de xénero.

Así, e grazas ao potencial das empresas como axentes de concienciación social, estas convértense en piares fundamentais nesta loita, na que é preciso o compromiso de todos e todas, baixo o liderado das administracións públicas.

Precisamente, o Goberno galego ten fixado como prioritaria a loita contra a violencia de xénero, como proba o feito de que onte mesmo se aprobara unha nova iniciativa nesta materia: a autorización do Consello da Xunta a duplicar o importe reservado para as axudas periódicas destinadas as vítimas da violencia de xénero.

Por último, a Xunta reafirmou de novo o seu apoio total e absoluto ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tema: