Lorenzana louva o traballo “altruísta e xeneroso” das asociacións de viúvas no seu 46º Congreso rexional

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou en Baiona na xuntanza anual destas mulleres e brindou o apoio da Xunta para dotalas de recursos que lles permitan acadar unha vida digna e autónoma

  • Lorenzana louva o traballo “altruísta e xeneroso” das asociacións de viúvas no seu 46º Congreso rexional
  • Lorenzana louva o traballo “altruísta e xeneroso” das asociacións de viúvas no seu 46º Congreso rexional
  • Lorenzana louva o traballo “altruísta e xeneroso” das asociacións de viúvas no seu 46º Congreso rexional
Baiona (Pontevedra), 3 de xuño de 2023.-
 

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no 46º Congreso rexional de viúvas de Galicia, onde destacou o importante labor que desempeña o tecido asociativo que, de xeito altruísta, apoia estas mulleres no desenvolvemento dunha vida plena e autónoma.

Lorenzana subliñou a vocación de “unión” das asociacións de viúvas na defensa dos seus intereses ante as administracións públicas, unha misión que, como lembrou, levan exercendo en España desde hai 64 anos (cando se constituíu a primeira entidade) e 47 (desde 1976) en Galicia.

“É necesario que as mulleres viúvas de hoxe, a xeración das nosas nais ou avoas, conten con recursos para poder ter unha vida digna, autónoma e plena”, especificou a titular autonómica de Igualdade.  Nese andar, apuntou, estarán acompañadas da Xunta de Galicia.  

A representante autonómica dedicou parte das súas palabras a Aurora Carro, presidenta da Federación Galega de Viúvas presente do acto e lembrou que foi da súa man cando en 1976 viu a luz en Galicia a primeira asociación de viúvas, “para que todas estas mulleres se sentiran escoitadas, protexidas e apoiadas”.

O movemento asociativo das viúvas, destacou para rematar Lorenzana, leva anos exercendo un traballo “altruísta e xeneroso” que permitiu lograr importantes avances sociais e lexislativos, mellorando a calidade de vida e a das súas fillas e fillos, e tamén impulsando o seu papel en diferentes ámbitos da nosa sociedade.